Mañá abrirase a nova pista polideportiva de Paiosaco

por Redacción Deportes

Situada en A Porta Santa, xunto ao CEIP Alfredo Brañas e o campo de fútbol.

Desde mañá a vila de Paiosaco terá un novo equipamento deportivo. A pista polideportiva descuberta creada polo Concello vai ser aberta e posta a disposición da cidadanía para o seu uso e desfrute.

A pista está situada nun punto estratéxico en Porta Santa, a carón do CEIP Alfredo Brañas, fronte ao campo de fútbol de Paiosaco e preto do centro sociocultural da vila. 

A área de xogo presenta unhas dimensións de 46×32 metros sobre as que están marcadas unha pista de fútbol sala e dúas de baloncesto coas correspondentes porterías e canastras. Tamén conta cun valado perimetral de seguridade e tres accesos.

Como equipamento complementario, dispón dun sistema de iluminación consistente en catro báculos con lámpadas LED, con temporizador e sistema de acendido manual co dobre obxectivo de permitir o uso das instalacións a calquera hora do día e aumentar a eficiencia enerxética.

A actuación supuxo un investimento de 165.000 euros que o Concello financiou íntegramente con fondos propios municipais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario