María Victoria Rivadulla Conde, de Muxia, coa obra «A moura do Mandeo», correspondente á balconada número 48, resultou gañadora no certame de Balconadas 2024. O premio ten unha dotación económica de 5000 euros.
Tamén se outorgaron dous accésit, dotados con 1500 euros cada un, á balconada número 60, titulada «Ruinas de embarcadero» de Manuel Ángel Serantes Morán, de Ponferrada, e a Carmen Muñoz Ortiz de Madrid coa balconada n.º 62 titulada «El camino de la Fe». Tamén houbo cinco mencións de honra a balconada n.º 1 titulada «Tinta e acrílico sobre lenzo» de María Álvarez Fernández de A Coruña; á balconada n.º 13, titulada «Marisma» de Luisa Valdes Aguirre de A Coruña; a balconada n.º33, titulada «Árbol» de Cristina Sierra Villegas de Vilagarcía de Arousa; a balconada 53, titulada «365 días en los que ordenar los jabones» de Isabel Durá Castello de Betanzos e a balconada 61, titulada «Cara ao mar» de Pilar Cancio Gónzalez de A Coruña.
O xurado do certame de Balconadas de Betanzos percorreu as rúas do centro histórico para elixir o gañador deste ano entre 101 obras que foron seleccionadas para «colgar» nos balcóns das rúas desta zona e convertelas nun auténtico museo ao aire libre.
O xurado, que foi recibido pola alcaldesa, María Barral, estivo composto por distintas personalidades do mundo da arte como María Isabel Pintado, como presidenta e directora; Daniel Loza, como secretario e Alfonso Costa Beiro, María Jesús Rodríguez Díaz, Mª Inmaculada Doval Porto, Manuel silvestre Visa e Julio Sanjurjo Aler como vogais.
O xurado otorgou os premios da VIII Bienal de pintura Balconadas por unanimidade tendo en conta a calidade das obras no que fai a técnica, orixinalidade e valor estético. A entrega de premios será o 13 de agosto. As obras, na seu maior parte, proceden do catro provincias galegas, aínda que tamén hai presenza de moitas comunidades autónomas de España: Valencia, Pais Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias, Canarias.
De fóra de España chegaron balconadas desde varios países de Europa e Sudamérica Estarán expostas ata o 31 de agosto nos balcóns das rúas do centro histórico, e a Dirección da Bienal resérvase a decisión de aumentar o tempo de exposición.