Barreiro, Balseiro e Serrano condenan esta «discriminación» do Executivo estatal porque «a nosa provincia queda totalmente desconectada das novas infraestruturas ferroviarias»
Os senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- advirten que “a provincia de Lugo non só queda sen AVE e sen trens Avril; senón que tamén sen os Avlo (de baixo coste)”.
Os populares condenan que “a nosa provincia quede totalmente desconectada das novas infraestruturas ferroviarias”. Ao igual que ocorre cos trens Avril, que no poden circular pola rede ferroviaria da provincia de Lugo, tampouco os Avlo (trens de alta velocidade que ofrecen servizos a prezos máis reducidos) operan nesta provincia.
Os representantes do PP lucense na Cámara Alta acusan ao PSOE e aos seus socios do BNG de permitir “un novo agravio que lastra a competitividade da provincia e do tecido empresarial lucense. Para socialistas e nacionalistas a Lugo é unha provincia de terceira”.
Ante a “discriminación aos lucenses” por parte do Goberno de Sánchez que “priva á provincia das vantaxes que desde o punto de vista da mobilidade ofrecen os trens de alta velocidade”; os populares pedirán explicacións no Senado.
Os senadores do PP lucense preguntarán que medidas ten previsto realizar o Goberno para corrixir esta situación e en que prazos; en concreto xulgan indispensable a recuperación dos proxectos de construción das variantes de Os Peares-Canabal e a de Rubián; e preguntan se Sánchez ten previsto compensar aos usuarios do ferrocarril de Lugo polos agravios derivados de que sexa a única provincia galega sen AVE.