Os socialistas de Triacastela denuncian a falta de transparencia do equipo de goberno

por 21 Noticias

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela manifesta a súa profunda preocupación e descontento ante a continua falta de transparencia democrática do equipo de goberno. O seu Voceiro, Miguel Ángel Fernández, apunta que “tras varios anos de reiteradas solicitudes de información crucial para a fiscalización da xestión municipal, seguimos sen obter resposta algunha”.

“Levamos varios anos solicitando por rexistro que se nos facilite información e nunca se nos contesta nin se nos remiten eses datos. Temos preguntando no Pleno e contestousenos que non tiveran tempo a buscar información”, alerta o socialista.

A información solicitada é a seguinte:

  • Datas de aprobación inicial e definitiva dos orzamentos ordinarios dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022.
  • Datas de aprobación da Conta Xeral dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
  • Os decretos polos que se aprobou a Liquidación dos orzamentos dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
  • Decretos de prórroga dos orzamentos dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021, se é o caso de que se prorrogase algún dos orzamentos.
  • As datas nas que se remitiron ao Consello de Contas de Galicia e ao Tribunal de Contas do Estado as contas dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
  • A información que o Consello de Contas de Galicia puidera ter remitido no caso de ter realizado algunha auditoría.

Fernández apunta que “esta falta de resposta non só dificulta o noso labor de oposición e control democrático, senón que tamén vulnera os principios básicos de transparencia e bo goberno que deben rexer calquera administración pública”.

«A ocultación sistemática de información por parte do equipo de goberno é inaceptable e vai en contra dos principios de transparencia e participación cidadá. Os veciños e veciñas de Triacastela teñen dereito a coñecer como se xestionan os recursos públicos e a ter acceso á información relevante sobre a administración local.»

Ante esta situación, esiximos ao equipo de goberno do Concello que cumpra cos seus deberes legais e democráticos e facilite de inmediato toda a información solicitada. Ademais, reiteramos a nosa disposición a seguir traballando en prol da transparencia e a boa gobernanza, co obxectivo de garantir que a xestión municipal se realice de forma aberta e accesible para toda a cidadanía.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario