O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do torneo de baloncesto 3×3 Vila de Meira, que conta co apoio da Xunta de Galicia e que se celebrará o vindeiro día 15, a partir das 19.00 horas, no marco das festas patronais.
O delegado lembrou que nesta cita teñen participado xogadores de nivel, “e se hai unha figura do baloncesto vinculada a Meira é Juan Carlos Navarro, veciño habitual da localidade durante estas datas e que mesmo xogou o torneo hai dous anos”.
Os equipos interesados en tomar parte na competición teñen de prazo ata este mércores para realizar a inscrición online. Establécense tres categorías por tramos de idade: As dúas primeiras para menores de entre 9 e 11 anos e de entre 12 e 16, e a terceira para xogadores de 17 anos ou máis.