Javier Arias inaugurou a Mostra itinerante de Artes Plásticas ExpoPeregrina

por Redacción Lugo

Organizada pola asociación GAPAsturias, que recala en Lugo procedente de Grandas de Salime para cubrir a penúltima etapa antes de alcanzar Compostela.

A mostra está centrada no Camiño Primitivo, ruta que vai percorrendo en oito sedes desde a súa inauguración en Oviedo o pasado febreiro. Durante o mes de agosto poderá visitarse na sala de exposicións da Delegación Territorial, de luns a venres ata as 19.00.

Consta de 24 obras de 19 artistas, na súa maioría pintura, aínda que tamén hai esculturas e mesmo unha recreación do popular xogo da Oca -disposto para o seu uso- que utiliza motivos xacobeos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario