Cabarcos: “Case dous anos perdidos e cero avances: o goberno local sigue bloqueando o aparcadoiro disuasorio do Carme con falsas excusas”

·        Os populares lamentan que o goberno local intente xustificar a súa inacción no proxecto do aparcadoiro disuasorio na Rúa Poeta Noriega Varela alegando que a execución desta infraestrutura está vinculada a un convenio asinado no ano 2021 para reparar o tellado da Capela do Carmen.

·        O convenio para a creación deste aparcadoiro asinouse en marzo de 2023, de forma independente ao mencionado acordo de 2021 e segundo figura no documento non existe ningún impedimento legal ou administrativo que xustifique que, a día de hoxe, esta infraestrutura siga sen iniciarse.

·        O vicevoceiro popular Ramón Cabarcos denunciou «este novo intento de confundir á cidadanía e de faltar á verdade» esixindo «máis solucións e menos disculpas» xa que o aparcadoiro do Carme é «unha infraestrutura prioritaria para Lugo que mellorará a mobilidade na zona e ofrecerá unha alternativa real para suplir a falta de aparcamento que temos en Lugo»

·        Para os populares a paciencia dos lucenses ten un límite polo que instan ao bipartido a que se deixe de buscar excusas e cumpra cos seus compromisos.

————————————————

Comparte éste artículo
No hay comentarios