O delegado territorial e o alcalde de Portomarín valoran proxectos que impulsa a Xunta no municipio

por 21 Noticias

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, mantiveron hoxe unha reunión de traballo na Delegación Territorial para valorar algúns dos proxectos que se levan a cabo no municipio coa colaboración do Goberno galego.

O alcalde interesouse pola organización das aulas de cara ao vindeiro curso no CEIP Virxe da Luz, que conta con tres unidades segundo a distribución interna decidida pola dirección do centro. O delegado asegurou que se manterá sen cambios a estrutura actual, garantindo as necesidades educativas do alumnado.

Arias lembrou que a Xunta coopera cos concellos, ben con actuacións directas ou mediante programas de axudas, «na procura do desenvolvemento económico e social e do equilibrio territorial, establecendo as infraestruturas e dotacións que permitan fixar poboación moza nas zonas rurais».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario