Con esta contundencia se manifestan os populares lucenses, pois, engaden, “a Sra. Pontón e o Sr. Arroxo son corresponsables de que os poucos servizos ferroviarios que temos nolos estea quitando paulatinamente o presidente que eles puxeron, o Sr. Pedro Sánchez”
- O PP acusa á voceira do BNG, Ana Pontón, de vir a Lugo a dar titulares de prensa que pretenden ser belixerantes co goberno central cando “á hora da verdade son os cooperadores imprescindibles para que o PSOE siga castigando a Lugo e condenándonos a ser a cidade con peores comunicacións de España”.
- O Grupo Municipal considera unha hipocresía as declaracións de hoxe xa que demostran, unha vez máis, que o BNG prioriza os seus intereses políticos por riba das necesidades dos lucenses.
- Os populares recriminan aos nacionalistas que “cando tiveron ocasión de ser determinantes e poder aportar a Lugo algo que lles déra valor foron absolutamente sumisos” en alusión aos acordos da investidura con Sánchez “onde comprometeron melloras que non se cumpriron”.
- Os populares explican que “a sumisión do BNG co PSOE foi a que lle deu o goberno do Concello de Lugo lembrando como tiveron que renunciar ata en tres ocasións para que o Partido máis votado, o Partido Popular, quedase na oposición, unha circunstancia que tamén se repetiu noutros concellos como Viveiro ou Vilalba.
- Afortunadamente, cando os lucenses tiveron a ocasión de elixir a quen queren para liderar o futuro e a defensa de Galicia fronte ao Goberno central, optaron polo Partido Popular e Alfonso Rueda, con máis dun 50% de apoio o 18 de febreiro, e o pasado 23 de xullo converteron á provincia na de máis apoio para o PP de toda España.