O PP lembra que a reivindicación de hai un ano, avalada por máis de 1.000 lucenses de Fontiñas, para a construción dun gran aparcadoiro no barrio sigue viva

por Redacción Lugo

Elena Candia reafirma o seu compromiso con Fontiñas e asegura que seguirá reclamando a construción desta dotación tan necesaria

Coincidindo coa data na que se cumpre un ano da recollida de sinaturas para reivindicar a construción dun gran aparcadoiro de Fontiñas, a voceira popular, Elena Candia acompañada por varios concelleiros do grupo, visitou hoxe o barrio e lamentou que o goberno local “desatenda unha reclamación clara e xusticada”.

Dende o PP insisten en que é necesario habilitar máis prazas de aparcamento para esta zona onde hai unha gran densidade de poboación e zona comercial e de ocio “os veciños e comerciantes necesitan  un aparcamento accesible para facilitar o seu día a día e tamén para atraer a máis persoas que queiran disfrutar da oferta do barrio sen preocuparse por encontrar un lugar onde deixar o seu coche”.

Nos últimos anos os populares presentaron varias alternativas para construír un aparcamento en Fontiñas: as dúas posibles localizacións propostas son, unha á altura do número 105 e outra na contorna do número 129, creando máis de 400 prazas de aparcamento.

Outra zona para aparcar que propón o Grupo Municipal Popular é na rúa Primavera onde hai varios solares municipais nos que se poderían crear preto dun cento de prazas negociando a cesión, arrendamento ou adquisición de solares privados que hai na súa contorna.

Elena Candia lembra que hoxe é un día para lembrar as 1000 sinaturas da veciñanza reclamando esta dotación unha petición que trasladamos en varias ocasións a pleno a última foi en 2021 e PSOE e BNG votaron en contra.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario