A Deputación participa na entrega de premios do II Campionato de España de Mus, que reuníu en Lugo a 400 xogadores

por Redacción Deportes

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na entrega de premios da segunda edición do Campionato de España de Mus, que reuníu esta fin de semana en Lugo a 400 xogadores achegados de provincias como Asturias, Segovia, Madrid, Ourense, A Coruña, Lugo, Pontevedra, León, Navarra, Bizkaia, Álava e Cantabria.

A institución provincial colaborou coa Federación Española de Asociacións de Mus na organización aportando aos participantes as camisetas e o material oficial do torneo. Pablo Rivera felicitou aos gañadores durante o acto que tivo lugar no Hotel Méndez Núñez, e destacou “o gran nivel do campionato que converteu a capital lucense no epicentro nacional deste tradicional xogo de cartas, consolidando unha cita que atrae a afeccionados e xogadores de todas partes do país”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario