O PP insta ao goberno local de Lugo a coidar o seu patrimonio e dar exemplo á cidadanía. “Non poden esixir á veciñanza o que eles mesmos incumpren”

Tras rexistrarse un incendio nun piso municipal con okupas na rúa Catedral e logo das queixas veciñais polo estado de abandono e o foco de insalubridade que representa un edificio, tamén propiedade do Concello, en Ramón y Cajal pedimos a PSOE e BNG que asuman a súa responsabilidade no mantemento destes inmobles

Ramón Cabarcos pide adoptar medidas urxentes  nestes  2 edificios municipais  que están baleiros, en ruína e sen uso para evitar que sigan representando un perigo e un foco de problemas para a veciñanza.

Os populares tamén cuestionan que socialistas e nacionalistas “utilicen o diñeiro de todos os lucenses para facer edificacións sen uso coñecido mentres descoidan as súas propiedades” xa que “é todo o contrario dos principios de  sostibilidade e de ecoloxismo nos que basean o seu discurso”.

Exemplos que demostran que o concello de Lugo non coida o seu patrimonio.

  1. Edificio en ruinas situado na esquina entre a rúa Ramón y Cajal e o Carril dos Fornos, onde apenas é visible unha edificación de titularidade e xestión municipal. Esta parcela presenta unha situación selvática e é supón un foco de insalubridade que preocupa á veciñanza da contorna.
  2. Outro exemplo de falta de mantemento, tamén no casco histórico, é o do edificio sito na rúa da Catedral número 13 que mesmo foi okupado ilegalmente e no que tivo lugar, no mes de xuño, un incendio que puido acabar en traxedia.  Neste caso o goberno municipal non prestou atención á problemática que había neste inmoble, a pesar das queixas veciñais,  que levaban tempo advertindo dos riscos que supoñían ter okupas nesta vivenda.

Hai que lembrar que en ambos casos existen requirimentos á administración local para que solucionen os problemas derivados da falta de mantemento destas propiedades.

O goberno local ignorou estas peticións abandonado os inmobles á súa sorte, sen rehabilitalos, nin coidalos cando poderían ter uso colectivo e cultural dado que están situados en zonas históricas da cidade de Lugo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios