Tino Díaz, portavoz do BNG en Baleira » non tratar as mocións é un exemplo da pouca importancia que para o equipo de goberno teñen as problemáticas plantexadas pola veciñanza»
O Bloque Nacionalista Galego en Baleira presentou dúas mocións para o pleno que se celebrou o pasado mércores 7 de agosto, estas mocións foron presentadas en forma e tempo o 5 de xullo, aínda así o Sr. Martínez negouse a levar a pleno as dúas mocións.
Estas mocións solicitábanlle ao concello que fixera as xestións oportunas para quitar do rexistro da propiedade e do rexistro de inventariado do concello parcelas dos montes de Baleira que «lle foron roubadas á veciñanza na época da ditadura, son 2528 áreas que foron rexistradas no inventario do concello de Baleira aprobado na sesión plenaria do 1 decembro do 2021″ explica o concelleiro nacionalista .»Está claro que o PP non quere que se fale deste asunto que moitos veciños descoñecen», sigue explicando Díaz, «o máis grave é que a Xunta de Galiza e o Concello venderon os pinos do monte Grande y Carballal da parroquia da Esperela por un importe de 292.000€ sen que a veciñanza desta parroquia soubera nada».
Seguiremos preguntando por esas cuestións e se o Sr. Alcalde segue a negarse a tratar as mocións recorreremos esta decisión nos órganos competentes, non imos permitir que non se lle dea explicacións á veciñanza e se siga a ocultar información» concluíu Tino Díaz.