Os deputados populares explican que, tras analizar o proxecto de orzamentos, confirmamos que a suba de presuposto de cara área destínase principalmente a transferencias correntes «para que tanto socialistas como nacionalistas poidan decidir a dedo a quen destinan os cartos e sempre a porta pechada, sen criterios de igualdade de oportunidades para os lucenses»
· Unha mostra desta forma de actuar é que mentres o Plan Deputación so aumentará nun 1,1% (de 21.750.000€ a 22.000.000€) as transferencias de capital aumentan nun 32% (de 11.253.712,34€ a 14.888.732,74€): «en lugar de aumentar os fondos para o plan máis xusto e equitativo que ten agora a Deputación, consignan os fondos a convenios»
· Antonio Ameijide explica que «parécenos ben» que aumenten os fondos para colaborar cos concellos, asociacións ou entidades, pero «debe de colaborarse con todos por igual, en lugar de beneficiar só aos amigos de PSOE e BNG» xa que a suba que realizan PSOE e BNG no plan máis xusto que hai na Deputación para cooperar cos concellos é 40 veces menor á que pedíamos dende o PP: 250.000€ en lugar de 10M€
· Os populares explican que esta forma de actuar «supón perfeccionar» o modelo aplicado por Tomé nos últimos anos, xa que «agora tanto PSOE como BNG dispoñen de fondos máis que suficientes para beneficiar aos seus afíns, discriminando a máis da metade dos lucenses da provincia»
· Os deputados populares confirman que non se abrirán ningunha das residencias comprometidas, como tampouco a de Becerreá, ao non haber ningunha partida específica para este fin, ademais de diminuír os fondos reservados a atención a maiores e para a construción de novos edificios, polo que ningunha das catro residencias rematadas ou en marcha vai a abrir
· Os populares temen que o proxecto de orzamentos para o vindeiro ano «estea inflado» ao igual que os anteriores, xa que os datos das liquidacións dos orzamentos anteriores demostran como, en 2023, só executaron un 42,63% dos investimentos previstos, mentres que no primeiro semestre de 2024 so chegaron ao 10% da previsión