O PP censura que “a alcaldesa de Viveiro leve 6 meses mentindo sobre o procedemento para determinar o problema da Policía Local”

por Redacción Lugo

A portavoz sinala que «nin o Concello nin a Deputación de Lugo fixeron os deberes; senón que dilataron no tempo a procura, nomeamento e formalización da instrución para informar sobre as circunstancias excepcionais acaecidas no corpo da Policía Local inactivo dende febreiro»

«A proposta de convenio de colaboración entre o Concello de Viveiro e o Concello de Lugo co que formalizar as condicións de traballo do instrutor do procedemento informativo e de actuacións previas que resolveu a propia rexedora socialista o 29 de xullo é unha proba máis que evidente de que non había nada avanzado ata o de agora, a pesar de que anunciara en maio que xa estaba nomeado», explica Mariña Gueimunde.

A popular sinala que «aínda non sabemos se está asinado o convenio ou non» e advirte de que «se poderían aforrar os gastos dun instrutor externo» solicitado pola alcaldesa ao considerar que «no Concello de Viveiro non hai técnicos, cando no procedemento de estabilización de emprego hai nomeados funcionarios administrativos».

Mariña Gueimunde tamén censura que «a señora Loureiro destacara que a Deputación fora quen apoiara ao Concello neste procedemento, pero o que estamos vendo é que pasou a bóla e simplemente puxo en contacto ao Concello de Viveiro co Concello de Lugo».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario