O PP pide traballo para que este verán os lucenses non volvan quedar sen praia fluvial

Coñecido o informe UNESCO, que ditaminaba que nin a localización nin o proxecto desta dotación eran os idóneos, pedimos explicacións no pleno e á vista de que o goberno local apuntou 3 solucións, absolutamente dispares, solicitamos ao bipartito un  posicionamento claro.

  • Os populares indican que “agora é o momento de abordar este asunto” e propoñen a contorna dos Robles para ubicar esta dotación
  • No transcurso da rolda de prensa presentaron un documento gráfico no que acreditan o pouco calado que hai na zona elixida polo goberno local onde instalou hamacas, mesas, bancos e aseos.
  • Os populares solicitaron en sesión plenaria, a través dunha iniciativa en pleno, información sobre o futuro da praia fluvial do Miño e a contestación que recibiron desvela que “non saben o que queren facer con respecto a esta infraestrutura”
  • O voceiro do goberno local, Miguel Fernández, dixo que “ou ben  Iniciarían accións legais para determinar si a negativa da Xunta colisiona legalmente coa autorización previamente outorgada; ou ben reformularían o proxecto inicial a fin de solicitar novamente a instalación ou iniciarían os trámites para a implantación nunha nova ubicación”
  • Esta consulta en pleno fíxose logo de coñecerse o dictame contrario da UNESCO que consideraba a ubicación proposta polo bipartito para esta zona de baño público “como un lugar inseguro para os bañistas, que perxudica o medio ambiente e que pon en perigo as outras declaracións de patrimonio da humanidade”
  • Dende o Grupo Popular aclaran  que además da protección ao medio ambiente outra preocupación é a da seguridade dos bañistas e, nese senso, achegan unha proba gráfica realizada en setembro na zona de baño pública elixida polo PSOE que acredita que ten pouco calado. (adxúntase vídeo)

PROMESAS INCUMPRIDAS

  • No ano 2011 a Deputación Provincial inicia os trámites para a execución do proxecto de “construción de pantalanes para a zona de baño no río Miño” na contorna do tramo fluvial de “Los Robles”
  • Hai unha resolución do ano 2016 da CHMS na que se indica que “se declara desistida a solicitude para autorizar a zona de baño no Miño” porque na Diputación, onde Lara Méndez  era a vicepresidenta, en CINCO anos non aportou a documentación que se lle requerira para este proxecto.
  • Lugo merece que se materialice esta dotación tras 21 anos de bipartito, e 14 anos de promesas incumpridas” e debido á ambigüidade do goberno local sobre este asunto o Grupo Popular presentará unha proposición para o pleno de xaneiro  coa que “queremos  dar un impulso definitivo a un proxecto longamente esperado pola veciñanza de Lugo.
Etiquetas
Comparte éste artículo
1 comentario