Segundo Amigos das árbores, no Concello non teñen a súa conciencia tranquila, o Alcalde demostra a súa «eficacia» en borrar axiña as probas do delicto.
O «Platanus hybrida» que gozaba de moi boa saúde e que ao longo dos seus cen anos non lle estorbou a ninguen, árbore que habitaba na Rúa Castelao a carón do Campus Universitario e do Instituto das Lagoas na cidade de Ourense, foi tallado polo pé o (8-8-2024) hoxe (10-8-2024) a primeira hora da mañá a empresa «executora da árbore centenaria», moi dilixente ela, destoconou os restos e deixou todo preparado para formigonar o espazo agora sen vida.
Amigos das árbores, acusan o Concello de Ourense de estar gobernado por delincuentes arboricidas e negacionistas, que estragan a cidade coa impunidade permisiva dunha sociedade que práctica a «cegueira branca».
O Concello de Ourense está gobernado por arboricidas e negacionistas
No hay comentarios
No hay comentarios