Xosé Merelles na inauguración do novo club social do Club Náutico de Boiro

por 21 Noticias

O director de Turismo de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na inauguración do Club Náutico de Boiro onde salientou o “crecente potencial” que está a ter a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, ruta Traslatio que se ve reforzada agora con estes novos servizos en Boiro co apoio de Turismo de Galicia.

Como expresou, o Goberno autonómico é consciente das posibilidades de futuro de este itinerario xacobeo polo que está a realizar unha aposta polo seu impulso e posta en valor. Referiuse neste sentido aos 1,3M€ que Turismo de Galicia destina este ano con fondos Next Generation a mellorar 11 infraestruturas náuticas da Ruta Traslatio modernizando as súas instalacións e servizos. A elas súmanse outros 1,5 M€ que se destinan ao resto de clubes náuticos de Galicia.

No acto, Xosé Merelles participou tamén na entrega de premios da XXVIII Regata Cruceiro Cenor onde saliento, ademais, a importancia turística deste tipo de iniciativas deportivas que son quen, dixo “de dinamizar a economía local, os hoteis e restaurantes, demostrando as sinerxías entre deporte e turismo”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario