O concerto que ofrecerá Baiuca será o venres 30 de agosto, ás 23.00 horas, no parque do Chanto de Sarria. Deste xeito, o Goberno galego reforza o tirón turístico da Noite Meiga cun dos artistas galegos de maior proxección nacional e internacional, creador dun estilo propio que mestura a música tradicional coa electrónica.
Un ano máis, a Xunta encárgase de facilitar a principal cita musical da festa, á que en edicións anteriores achegou igualmente actuacións de primeiro nivel como as de Luar na Lubre e Treixadura.
A asociación Meigas e Trasgos presentou hoxe o programa nun acto que contou coa participación da directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, Carmen José López, entre outros.
A Xunta apoia o traballo da asociación organizadora, e ofreceulle tamén o asesoramento e a colaboración precisa para poder levar adiante o seu obxectivo de que a Noite Meiga sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego.