A Xunta de Galicia patrocina o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre que se celebrará o sábado 24 de agosto a partir das 22.30 horas no marco do festival Terra Brava do Incio, organizado pola asociación homónima.
A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación do evento, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do municipio, Héctor Corujo, e Luis Valcárcel e María Pérez en representación da asociación Terra Brava.
O Concello e a Xunta son os principais patrocinadores do festival, que se iniciará pola mañá con sesión vermú e un xantar popular. Os concertos comezarán ás 20.00 horas, e actuarán tamén Peter Selek, O Val das Mouras, O Sonoro Maxín, e Guezos.