Envíanme unha fotografía que chamou a miña atención, tiven que observala con detemento, cría que era para unha portada dunha revista do corazón, tan en boga entre os políticos de todas as cores. O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, parece sentirse cómodo explotando a política do pose en lugar de centrase en xestionar as cuestións pendentes, que ten o concello de Lugo. O edil nacionalista, segue coas súas ocorrencias para humanizar a cidade, mentres os barrios escarállanse cada vez que se realizan “melloras”, convertendo as actuacións en poses propagandísticas.
O edil Rubén Arroxo, prefire pórse de perfil nos temas que afectan a veciñanza de Lugo, establecendo o seu criterio como dogma, en vez de centrarse no seu traballo de goberno municipal, situación que non deixa de ser sorprendente, en vez de traballar para a veciñanza de Lugo, o que está facendo é oposición á Xunta de Galicia desde o Concello. A xestión da súa parcela de goberno é o que lle interesa a os cidadáns, non utilizar o altofalante municipal para facer política galega, esquece que foi elixido para traballar polos veciños de Lugo.
Lugo quere tren
Unha das incoherencias do portavoz do BNG no concello de Lugo, é poñerse na cabeza da pancarta solicitando o AVE e infraestruturas viarias, cando o seu socio de goberno no Concello e Deputación é o PSOE, responsable do illamento de Lugo en temas de comunicación. Rubén Arroxo, está aloxado da beirarrúa veciñal, apoiando privatizacións de servizos, cando no seu silabario, repasando o deseño político do BNG en temas de emprego, unha das premisas mais relevantes non é privatizar emprego publico. No tema de mobilidade, responsabilidade do BNG, a liorta lévase a os aparcadoiros, pide a outras administracións que faciliten aparcadoiros, mentes que o aparcadoiro de Santa María segue pechado.
Sorprende o xiro de Ruben Arroxo, un político que tivo o valor de enfrontarse as duras criticas do presidente de Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, no tema dos recorridos do transporte municipal, e agora, opta polo escurantismo nos temas principais, como é, por exemplo, negar a información dos 753.000 euros que se gastaron nas pasadas festas de San Froilán. A xestión municipal ten que ser transparente, un edil debe saber que, para xestionar diñeiro público, ten que facelo con responsabilidade, criterio e transparencia.
Rubén Arroxo sacude o saco de noces para facer ruído con pose fotográfica, mellor desviar o chapapote da mala xestión do goberno municipal, con un sospeitoso silencio nocturno, en vez de traballar con efectividade e transparencia para o progreso dos cidadáns de Lugo.