O Deportivo e o Real Madrid CF alcanzaron un principio de acordo para a cesión de Rafael Obrador Burguera (Mallorca, 24 de febreiro de 2004) para esta temporada.
O lateral esquerdo español, de 20 anos, xa se adestrará esta mañá en Abegondo ás ordes de Imanol Idiakez con permiso do conxunto branco.
Rafa Obrador procede do Real Madrid Castilla, onde disputou na campaña pasada (2023-24) máis de 2.300 minutos repartidos en 34 partidos na categoría de bronce do fútbol español.
Formado nas categorías inferiores do RCD Mallorca, aos 16 anos o Real Madrid chamou á súa porta para a categoría xuvenil do equipo branco. No conxunto merengue xogou os seus 4 últimas temporadas, escalando do Xuvenil B ao Real Madrid Castilla.
O mozo zurdo conta con 9 partidos na Youth League, chegando a dar unha asistencia e suma en total 65 encontros en Primera RFEF.
Foto portada: RC Deportivo