Rubén Arroxo anuncia a renovación do asfalto da avenida Anxo López Pérez

por Redacción Lugo

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Tenencia de Alcaldía renovará o asfalto na avenida Anxo López Pérez. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para «atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade , tanto en zonas urbanas como periurbanas». O Tenente Alcalde
afirmou que «esta vía soporta unha importante carga de tráfico pesado, ao tratarse da principal saída dos buses desde a estación», e explicou que «con esta actuación renovaremos o asfalto, que se atopa desgastado, garantindo o bo estado da vía durante os próximos anos».

A solución que se realizará por parte do Goberno de Lugo consiste na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga
superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal. A actuación conta cun orzamento próximo aos 41.000€. A Tenencia de Alcaldía executará esta repavimentación antes do comezo do curso escolar, buscando reducir as molestias ás familias.

Desede a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, «xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos
barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar».

Arroxo lembrou que o Goberno de Lugo está a planificar diversas intervencións nos viais públicos de toda a cidade. Zonas como San Fiz, a Garaballa ou a Avenida da Coruña teñen planificadas renovacións de
asfalto para os vindeiros meses.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario