O PP pide que se rebaixe a cita previa nos Centros de convivencia que nalgúns casos supera os 75 días

Trala visita realizada aos 7 centros de convivencia o concelleiro Gustavo Díaz presenta varias peticións para mellorar a xestión e a atención ao público.

  • Os populares desvelaron que o goberno local intenta coaccionar aos traballadores dos servizos sociais para que non proporcionen información á oposición. Gustavo Díaz indica que resulta chamativo que coincidindo coas visitas que se realizaron (previa comunicación) aos centros de convivencia se emitiu unha comunicación interna na que se dicía que “lémbrase aos servizos que a facilitación de información relativa ao persoal adscrito aos centros de convivencia é competencia da xefatura así como do servizo de persoal”. O popular interpreta este correo como un intento de restrinxir o acceso á información por parte do Partido Popular.
  • O edil do PP logo de visitar os 7 centros de convivencia manifestou que “entendo a  preocupación do goberno local” xa que son coñecedores de que hai “reforzar os servizos sociais con apoio técnico e administrativo” para desconxestionar as demoras na atención en cuestións tan básicas como as citas previas poñendo como exemplo os 2 meses e medio do Sagrado Corazón ou o mes e medio de agarda no Uxio Novoneyra”.
  • Outra cuestión que o Partido Popular considera prioritaria é a de ampliar a xornada laboral das dúas educadoras sociais que arrastran as consecuencias dunha cesión ilegal de traballadores e que prestan servizos en varios centros de convivencia. É preciso que se amplíe o horario laboral das traballadoras e que se axuste ao que se contempla na Relación de Postos de Traballo.
  • O PP insiste en que en todos os centros sociais lle trasladan a necesidade de cubrir o posto da traballadora social “que realizaba un control previo para que as urxencias de servizos sociais se valoren, e que coordinaba as listas de espera e citas segundo as emerxencias dos casos non está cuberto, dende hai meses” aclarando que esta situación “obriga a asumir esta función a cada Centro Social, sobrecargándoos de traballo”
  • Como exemplo Gustavo Díaz cita o Centro Social de Fingoi onde para  unha poboación de 13.000 persoas contan cun traballador social o que é insuficiente.
  • Outra petición é instalar unha centralita ou sistema que considere o concello para xestionar ás chamadas que se reciben no Centro Social do Uxio Novoneyra. Na actualidade, o conserxe encárgase de recepcionar as chamadas entrantes, non só as relacionadas co centro social, senón que tamén as doutros servizos  ( Evislusa, xuventude, Escola de Música, 010, Educación …). “Cremos que esta petición garantiría un servizo máis eficiente que redundaría nunha mellor atención cidadá”.
  • Con respecto ás actividades é xeralizada a petición de potenciar a área de animación sociocultural “na actualidade hai 4 profisonais para cubrir a programación dos 7 centros de convivencia así como das actividades da zona rural”.
  • Outra petición reiterada ten que ver con mellorar a seguridade nos centros sociais. O que se propón é ampliar 5 horas semanais a vixilancia para que se dea cobertura desde a apertura ata o horario do peche destas dependencias municipais.
Comparte éste artículo
No hay comentarios