Francisco Conde: “Se a ministra do emprego en España veu a Galicia como portavoz do Goberno para rexeitar Altri, o Ministro de Industria tería que dimitir xunto a ela”

por 21 Noticias

Os deputados lucenses no Congreso queren coñecer en que punto se atopa a tramitación do expediente de Altri para a consecución de financiación europea tras oito meses sen que o Goberno do Estado non dera ningún tipo de información.

. Os deputados no Congreso do PP preguntan ao Goberno de Sánchez pola tramitación do expediente de Altri á Comisión Europea para acadar fondos europeos tras coñecer o rexeitamento da Vicepresidenta segunda.

·         Os deputados populares queren que o Ministerio de Industria e Turismo concrete en que data remitiu o expediente do proxecto de Altri á Comisión Europea para a súa avaliación e poder facilitar o seu acceso ao financiamento con Fondos Next Generation EU.

·         Dada a importancia que ten este proxecto para o desenvolvemento económico da provincia de Lugo, os populares queren saber que responsabilidades ten a Vicepresidenta segunda e Ministra de Traballo no deseño e execución da política industrial, así como na selección de proxectos a financiar cos fondos Next Generation EU.

·         Non hai rigor nin seriedade cando a ministra do emprego en España dá indicacións ao Ministro de Industria para rexeitar un proxecto que xeraría 2.500 empregos directos e indirectos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario