Rubén Arroxo e Alexandre Penas reuníronse con integrantes da asociación SOS Milagrosa

por Redacción Lugo

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas destacaron a importancia do contacto da veciñanza co Concello «para poder planificar mellor o traballo das distintas áreas»

O Tentente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación SOS Milagrosa. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas na zona.

Rubén Arroxo valorou positivamente esta xuntanza «que nos permite coñecer de primeira man e cun tono cordial as proposstas das veciñas e veciños da Milagrosa». Segundo o Tenente Alcalde, «nos últimos anos desde a área de Mobilidade e Infraestruturas avanzamos na mellora de todos os barrios da cidade, tamén na milagrosa, con actuacións importatnes no calmado de tráfico e na mellora de espazos urbanos, e tamén con iniciativas artísticas como o mural da rúa Mar Cantábrico». Arroxo e Penas mostraron ás veciñas e veciños «o traballo avanzado na peonalización da rúa Milagrosa, un dos principais proxectos do orzamento deste ano na mellora dos espazos públicos da cidade e que permitirá continuar a traballar na comunicación peonil entre o centro e a zona norte».

O Tenente Alcalde lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. «As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona», explicou Rubén Arroxo, que engadiu «moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario