Antonio Ameijide e Jesús Núñez visitaron as parcelas que deberían de albergar o polígono industrial de Baralla e comprobaron como hai anos que non se limpan: «os veciños desta comarca en lugar de ter unha gran área industrial teñen unha selva» polo que urxe avanzar na tramitación desde polígono parado dende que socialistas e nacionalistas chegaron á Deputación.
Antonio Ameijide insta a PSOE e BNG a axilizar a limpeza destes espazos e lles pregunta «con que cara se lle insta a un particular a facer o que a propia Deputación non fai»: «Están convertendo a Deputación no pao nas rodas que impide o avance da provincia»
· O voceiro popular recorda que a promoción e o impulso industrial segue na lista de tarefas pendentes de José Tomé xa que aínda hai 21 municipios na provincia que seguen agardando a que PSOE e BNG cumpran cos compromisos adquiridos pola Deputación e constrúa estas necesarias áreas industriais
· Ameijide: «Como pensan PSOE e BNG asentar poboación se non fan nada por impulsar os polígonos e por crear emprego, máis ben loitan contra iso, como a Vicepresidenta do Goberno»