O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado na entrega de premios do Folión de Carros de Chantada, que tivo lugar na Praza Galicia da localidade chantadina.
O Deputado deu os parabéns aos gañadores aos mellores carros desta edición do 2024, e puxo en valor este evento declarado Festa de Interese Turístico Galego e Ben de Interese Cultural, “que supón todo un revulsivo a nivel turístico, cultural e etnográfico e pola súa incalculable contribución ao patrimonio inmaterial da provincia”, subliñou.