O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou na décimo sexta edición da Feira do Cabalo de Escairón que se celebrou este domingo no Mercado Gandeiro da localidade, no concello do Saviñao.
Carlos López sinalou que a institución provincial aporta 3.000€ á celebración desta cita que “visibiliza o gran peso que ten na nosa provincia o sector primario e potencia esta actividade, que é fundamental para a economía e para o emprego e, polo tanto, para fixar poboación e para o futuro do noso rural”.