José Tomé celebra o avance no estudo de viabilidade da conexión por tren entre Lugo e Santiago de Compostela

por 21 Noticias

O secretario xeral do PSdeG provincial, José Tomé Roca, valora  o importante paso de licitar o estudo do tren directo entre as dúas cidades, “o que demostra o compromiso firme do Goberno de España coa modernización das comunicacións en Galicia e apostando por unha mellor comunicación de Lugo co resto da comunidade”.

“Este anuncio é unha magnífica noticia para a provincia de Lugo e para Galicia en xeral. A conexión directa por tren entre Lugo e Santiago de Compostela supón un salto cualitativo nas infraestruturas ferroviarias, algo polo que o Partido Socialista leva traballando incansablemente nos últimos anos”, indica. Así mesmo, detalla que “este estudo de viabilidade non é só un paso adiante, senón unha mostra máis do compromiso firme do Goberno de Pedro Sánchez coa modernización das infraestruturas do noso país e da nosa comunidade”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario