Caos no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

por 21 Noticias

A gran maioria das brigadas están operativas soamente con un ou dous bombeiros forestais.

Dende a sección sindical da CNT no SPIF queremos denunciar a situación caótica que se está a vivir no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais:

Coa aplicación do novo acordo de condicións laborais para o persoal funcionario do servizo (acordo e condicións que en uns distritos se aplica tamén ao persoal laboral e en outros non) prodúcese un desdobramento das cuadrillas, deixando máis da metade delas sen xefe de cuadrilla, ese desdobramento xunto coa non cobertura das baixas e vacantes tradúcese en que a gran maioría das brigadas están operativas soamente con un ou dous bombeiros forestais coas eivas que isto supón para a operatividade e seguridade no dispositivo. Coas motobombas pasa máis do mesmo, este servizo gasta un montón de cartos en comprar motobombas que non hai quen as conduza por falta de bombeiros forestais conductores de motobomba. Está situación está xerando que haxa que facer longos desprazamentos de medios entre distritos para atender os incendios que estamos tendo, non nos opoñemos a isto, pero vemos que no momento que se produzan varios lumes simultaneamente van estar todo o dispositivo moi collido con pinzas e a efectividade e seguridade dos medios pode verse comprometida.

A maiores:

-Os puntos de vixilancia de lumes están con pouco persoal, non se dan cuberto a maioría dos turnos e moitos puntos de vixilancia xa nin se abren.

-Nos lumes que está habendo está sendo un caos organizativo, hai máis persoas mandando que traballando e danse estas situacións: “ o UDEX dice unha cousa, o XOA outra, o CMA outra e resulta que o DTE quería outra cousa totalmente distinta”, entre eles todos ocupan as canles de comunicación facendo que a comunicación entre os bombeiros forestais sexa casi imposible.

-Os profesionais do dispositivo que reunen os requisitos para ocupar postos de maior responsabilidade dentro do dispositivo están sendo vetados de poder coller prazas que se ofertan en comisión de servizos e terminan por non cubrirse, as listas de contratación están agotadas en certas categorías e ámbitos e a Xunta en vez de abrilas e contemplar as notas dos últimos procesos selectivos finalizados NON o fai. Hai casos nos que con algo de sorte se consiguen cubrir postos de responsabilidade (Xefe de cuadrilla) con aspirantes con cero experiencia na extinción de lumes.

Por todo isto, dende a sección sindical da CNT no SPIF, instamos a XUNTA e a Consellería do Medio Rural a que poña freo a este caos organizativo antes de que se produza unha desgraza.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario