Luis Menor visita as obras realizadas en Nogueira de Ramuín grazas á cooperación da Deputación de Ourense

por Redacción Ourense
Visita Luis Menor (=Presidente da Deputación de Ourten). Julio Temes Pereira (Alcalde de Nogueria) e os concelleiros Raúl Soto Martínez, David Noguerol,. Ana Belén Cortés, Arturo Rodríguez, José Ramón Feijoo Álvarez (Cooperativa da Castaña de Nogueira de Ramuín), e Pedro Prol Formoso (Escavaciones Formoso).

O presidente provincial, acompañado polo alcalde, Julio Temes, visitou o parque infantil de Loureiro, a execución do peche frontal perimentral da vivenda do conserxe e o acceso do CEIP de Luíntra, a mellora da fosa séptica de Vilouxe, e diversos arranxos en camiños rurais de Nogueira de Ramuín.

O presidente provincial, Luis Menor, visitou xunto ao alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, as obras realizadas neste municipio grazas á cooperación da Deputación de Ourense.

Así, Menor comprobou a execución do parque infantil de Loureiro (18.147,85 euros); a do peche frontal perimetral da vivenda do conserxe (14.000 euros) e da urbanizacion do espazo de accceso ao CEIP de Luíntra (20.000 euros); a mellora da fosa séptica de Vilouxe (17.000 euros) e arranxos en camiños rurais en Viñoas (40.000 euros). “A Deputación sempre estará ao carón dos municipios porque a cooperación é a razón de ser da institución provincial”, sinalou o presidente.

Durante a visita, Menor e Temes analizaron a dotación que contempla o Plan Provincial de Cooperación CooperOU durante todo o mandato (812.380,79 euros), distribuida en catro anualidades: 186.817,01 euros en 2024; 197.669,13 euros en 2025; 208.521,26 euros en 2026 e 219.373,39 euros en 2027.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario