Antas de Ulla, celebra as súas festas na honra á Virxe dos Remedios os días 8 e 9 de setembro, cun atractivo e orixinal formato, pensado para todos os públicos
Dous días de festa, nos que haberá espazo para bandas de música (Antas de Ulla e Dambara de Burela), actividades para os máis pequenos, concertos de formacións de primeiro nivel como «Luar na Lubre», música para escoitar co espectáculo intimista «Colección Romántica» con David Taboada e Sergio Alba, as ulloás Zoelas en concerto cos temas do seu último traballo «Des(a)fiada» e música tradicional coa Asociación Cultural Fiadeira. Actuará tamén, a Orquestra Trébol.
A programación e organización, corre a cargo da Comisión de Festas e o Concello de Antas de Ulla. Colabora tamén, a Deputación de Lugo.