Intento de secuestro en Malpica

por Óscar de Souto

O Concello de Malpica a través das súas redes sociais (Facebook), informa a veciñanza de que se está investigando un suposto intento de secuestro. O alcalde da vila, Eduardo Parga, púxose en contacto tanto coa Garda Civil como con Policía Local, e ámbolos corpos de seguridade confirmaron que, ata o momento, non se recibiu ningunha denuncia relacionada con este feito.

É moi importante que, ante calquera suceso ou situación sospeitosa, se poñan en contacto inmediatamente coa Garda Civil ó número 062, número a través do cal serán atendidos directamente, as 24 horas do día, os 365 días do ano ou con Policía Local de Malpica.

Foto de: Ana Ruíz ( Malpica de Bergantiños )

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario