Alternativa preguntará no pleno de Arteixo pola problemática de prazas no comedor do CEIP de Galán e a descoordinación no SAF

por Redacción A Coruña

Alternativa dos Veciños de Arteixo preguntará no pleno ordinario de xullo pola problemática de prazas no comedor do CEIP de Galán e pola descoordinación no Servizo de Axuda no Fogar e, tamén fará dous rogos ao Goberno Municipal

Alternativa dos Veciños preguntará no pleno ordinario de xullo, que se celebrará o próximo luns día 31, pola problemática de prazas no comedor do CEIP de Galán e pola descoordinación no Servizo de Axuda no Fogar e, tamén fará dous rogos ao Goberno Municipal para solicitar a eliminación dun sinal de 90 Km/h instalado na AC-552, nas proximidades da Escola Infantil de Larín, que incrementa a velocidade e agrava aínda máis a seguridade viaria nesta zona escolar sen beirarrúas e pasos de peóns.

O outro rogo estará baseado na petición dos pais e nais do alumnado do C.E.I.P San Xosé Obreiro de Meicende, que demandan a instalación dunha cuberta para a pérgola que se atopa nas inmediacións do colexio, para que nos días de choiva os nenos e nenas se poidan resgardar.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario