O barrio de San Fiz de Lugo, leva toda a fin de semana sen auga

por 21 Noticias

Malestar entre os veciños do barrio de San Fiz de Lugo, porque unha fuga de auga provocou que cortasen a subministración ás vivendas. Os veciños tiveron que acudir a fontes próximas para encher baldes e levar a auga para poder asearse e facer a comida.

Durante a fin de semana non hai unha brigada de garda para esas continxencias, o Concello debería previr estas situacións, que deixan sen subministración de auga a vivendas, provocando un gran trastorno entre os seus moradores.

Entre os veciños deste popular barrio, San Fiz, hai un malestar xeneralizado, culpando ao Concello da situación por non ter persoal de garda para emendar estas emerxencias, que tanto malestar causa nos veciños.

Os concelleiros do Grupo Popular foron os únicos membros da Corporación Municipal que se achegaron ao barrio para coñecer a situación e tratar de paliala. Os veciños mostraron o seu enfado, unha situación que, de xeito evidente, non deixa de ser esperpéntica, que un Concello non teña unha brigada de garda para paliar estas continxencias e opten polo máis cómodo, cortar a subministración de auga aos veciños cando se produce unha fuga na fin de semana.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario