“Seguimos reclamando a acta do último pleno para poder impugnalo por incumprir o señor Cajoto artigos da Lei de Bases de Réxime Local”, sinala Javier Castiñeira.
O Partido Popular de Foz mostra o seu apoio á Plataforma de Familiares de Usuarios da Residencia de Maiores ante as desconsideracións de Cajoto. Os membros desta plataforma denuncian o menosprezo do señor alcalde aos seus requirimentos e a falta de sensibilidade cos usuarios, persoas maiores e dependentes.
“Por outro lado, seguimos reclamando a acta do último pleno para poder impugnalo por incumprir o señor Cajoto artigos da Lei de Bases de Réxime Local”, sinala o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira. Cabe recordar o atropelo do señor alcalde con respecto aos membros da corporación, incluídos os seus socios de goberno do BNG, no pleno extraordinario celebrado no mes de xullo non deixando votar a emenda do Grupo Municipal Popular, incumprindo a legalidade, na que se pedía que se deixara a nova adxudicación enriba da mesa e, polo tanto, obrigando ao Partido Popular e ao BNG a votar en contra ante o risco de que veciños puideran quedar fora do servizo da Residencia de Maiores.
Cajoto insiste levando de novo a adxudicación ao pleno aceptando as alegacións da nova concesionaria sen solucionar o temas das axudas que debe organizar o equipo de goberno, o que pode levar a que haxa usuarios que podan pagar o servizo. “A postura do Partido Popular vai a seguir sendo a mesma, protexer os intereses dos usuarios e das súas familias e, ante o atropelo que quere facer o señor alcalde por segunda vez, nós faremos exactamente o mesmo que ante o primeiro atropelo, impugnaremos calquera decisión que vaia en contra dos dereitos dos usuarios e dos dereitos dos concelleiros”, anuncia Javier Castiñeira.
“Sen a acta do pasado pleno é irracional aprobar as alegacións da empresa ao voto en contra da corporación á proposta de adxudicación porque non está a aprobada a propia acta que, desde o Partido Popular, levamos semanas demandando”, finaliza o voceiro popular.