A deputada de Cultura mantivo un encontro coa creadora e agradeceu a cesión destas catro pezas de ferro, unha fotografía e catro debuxos a lapis
O Museo Provincial de Lugo sumará nos vindeiros meses unha nova serie de esculturas grazas á doazón da artista lucense Paula Noya. A deputada de Cultura Iria Castro mantivo un encontro coa directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro e a creadora para coñecer o proxecto “El Hilo de Cloto”, que se incorporará ao museo nas vindeiras semanas.
Noya achega esta serie formada por catro esculturas de ferro de entre 80 e 30 centímetros de diámetro e realizadas en 2015 – “Esfera de Platina”, “Esfera de cadenas”, “Esfera de espino” e “Esfera de Hierro” –, catro debuxos a lapis en papel de 100×100 centímetros elaborados en 2014 e, por último, a fotografía “Las Parcas”, de 160×60 centímetros sobre papel e montada sobre aluminio.
A deputada de Cultura destaca a importancia desta doazón que incide no apoio e na visiblización das mulleres artistas que desenvolven os museos provinciais dentro do programa “Recoñecer, Representar e Redistribuír”. Nese marco, durante o verán presentáronse nos xardíns do Museo Provincial a escultura de Soledad Penalta que leva a loita das mulleres por alcanzar a igualdade ou, no Pazo de Tor, a peza “Todo é ilusión” adquirida a artista e tamén académica Pamen Pereira.
Iria Castro agradeceu ”a xenerosidade da artista que con esta peza indaga sobre o destino e a capacidade do ser humano para cambialo. O Museo Provincial e a Rede Museística sigue poñendo en valor o traballo de mulleres artistas galegas e esta doazón é un exemplo máis do noso compromiso”.
“El Hilo de Cloto”
O proxecto “El hilo de Cloto” trata de indagar sobre o destino e a nosa capacidade ou non para cambialo. Cloto é unha das tres Moiras o Parcas, como se llas denominaba na antiga Grecia. Este proxecto inspírase en Cloto, a máis nova das tres, que é a que prepara a lá na roda de fiar. Cloto é tamén a que reparte os fíos que tecerán a vida dos homes: o branco é o color sobre o que se entretecerá, o fío dorado (a felicidade) e o negro (a dor). Así dende o seu nacemento os homes e mulleres teñen predestinados sus momentos de felicidade e de dor, aínda que como se di no mito, só eles poden decidir como viven esos momento, mantendo así o libre albedrío.