Katy Varela afirma que «non son uns orzamentos bos nin para Monforte nin para os monfortinos» e pregúntase «canto nos van a custar aos monfortinos ao final do mandato estes presupostos, como estarán os servizos sociais e se xa estará solucionado o problema do abastecemento e saneamento da auga.
No PP de Monforte afirman que as contas que Tomé aprobou para o vindeiro ano non solucionan o problema de perda de poboación que ten o municipio e que xa propiciou a perda de 1.000 habitantes dende o ano 2015, cando accedeu á alcaldía
· Katy Varela desvela «o enganoso e problemático» do aumento nun millón de euros do orzamento municipal xa que Tomé presume de incrementar o presuposto municipal pese a que sexa á conta de solicitar unha operación de préstamo