Dende o Grupo Municipal do PP queremos agradecer «a sensibilidade e o esforzo inversor da administración autonómica con proxectos para conservar o noso patrimonio histórico e cultural así como tamén con investimentos importantes para o desenvolvemento industrial do noso municipio así como a creación de vivenda».
A voceira do Grupo Popular explicou como hoxe se publica na Plataforma de contratos da Xunta de Galicia a licitación da obra para reparar as humidades da cabeceira da Catedral de Lugo. As empresas interesadas poden presentar ofertas ata o 24 de septembro. O importe destes traballos é de 462.665,79 €.
A popular aplaude a colaboración da administración autonómica na solución dun problema que afecta a un edificio Patrimonio da Humanidade.
Elena Candia tamén celebrou o éxito da ampliación do Polígono das Gándaras que grazas a un novo investimento de 7.5M€ aumentará 142.000 metros cadrados.
Estamos falando dunha zona industrial de referencia, que ofrece en Lugo solo empresarial a custo cero durante os oito primeiros anos en réxime de dereito de superficie sen a esixencia de que se trate de proxectos singulares.
A popular destacou a importancia de dispoñer de solo empresarial en condicións competitivas como clave para atraer investimentos e impulsar a economía de Lugo xa que «investir en suelo industriail, investir en apoiar ás empresas que xa existen para que medren , ou investir para fixar novos proxectos é unha prioridade tanto do Grupo Municipal do PP, coma da Xunta de Galicia.
Outro feito importante que certifica o compromiso permante da Xunta coa creación de vivenda é unha nova entrega de chaves de dous novos inmobles para alugueiro social na cidade. Actualmente a Xunta dispón no noso municipio de 364 vivendas, adxudicadas e se está á espera de construír novos edificios unha vez o Concello ceda o solo necesario.
E con respecto á tinería hoxe tamén tivo lugar a sinatura do convenio urbanístico para a recuperación do Pazo de Dona Urraca na tinería, un barrio no que a Xunta leva investidos 26M€ o que permitiu rehabilitar 40 edificios, que albergan 96 vivendas e mais dunha vintena de locais.