A presidenta provincial do PP presidiu a reunión da Xunta Directiva Provincial na que fixo balance do 23X
-
A mandataria popular subliñou que «Lugo apoiou outra vez masivamente ao Partido Popular», que foi a forza que máis medrou (máis de 12 puntos) e que «supera en máis de 20 puntos á segunda forza, o PSOE, e en máis de 42 á terceira, o BNG»
-
Candia desexoulles moita sorte aos tres deputados (Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades) e aos tres senadores (José Manuel Barreiro, María José Gómez e Juan Serrano) e instounos a «traballar en beneficio da provincia e dos lucenses»