Unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Baiñas, Vimianzo

por Óscar de Souto

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee foron informados a primeira hora desta tarde dun accidente de tráfico na DP – 9203 no lugar de Baíñas, Concello de Vimianzo, provocado por un camión que envorcou en dita vía.

Os bombeiros tiveron que acceder ao interior da cabina para liberar ao condutor, quen precisou ser trasladado pola ambulancia ao PAC de Vimianzo.

Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario