O goberno de Ames non ve a luz no campo de fútbol do Milladoiro

por 21 Noticias

Despois de catro meses de escritos de PP as luminarias seguen avariadas e, coa tempada comenzada, non se sabe cando se farán as melloras necesarias

Os responsables do goberno de Ames non ven a luz. Úlomenos iso semella que é o que está a pasar co campo municipal de fútbol do Milladoiro, no que as luminarias precisan dun arranxo urxente que, cando está comenzando a tempada, non se está a acometer pese a estar advertidos desde hai xa catro meses.

Con data do 29 de abril o PP de Ames puxo en coñecemento da concelleira de Deportes que diversas luminarias do campo de fútbol do Milladoiro atopábanse avariadas, solicitando o arranxo das mesmas á maior brevidade.

Oito días despois recibiuse resposta da concelleira, quen indicaba que o seu departamento tiña encargado un proxecto de mellora da iluminación da instalación deportiva no que se contemplaba a substitución dos proxectores actuais por outros con luces LED.

Diante desta resposta, ó día seguinte o PP solicitou información para coñecer a data na que foi encargado o novo proxecto, do que se pediu copia, e as previsións do goberno municipal sobre o momento no que se executarán as melloras.

A calada por resposta. Pasaron os días e o silencio foi o único que recibiu o PP polo que o 20 de maio foi requirida de novo a documentación e a información solicitada. E sete días despois o PP insistiu reiterando á súa solicitude. E non recibiu resposta.

Pero hai cousas que non casan. O 12 de agosto o PP solicitou de novo copia do proxecto, recibindo o documento sete días despois. Unha vez revisado observase que o mesmo foi remitido pola empresa ó Concello o 2 de xullo, polo que o PP, nun escrito dirixido ó alcalde, pide coñecer a data na que se procederá á licitación do proxecto e cando está previsto que rematen as obras.

O 3 de setembro a concelleira informa de que “no proceso do resultado de ofertas presentadas en base ao proxecto de mellora de iluminación no campo de fútbol de O Milladoiro, resultou adxudicatario a empresa Juan Carlos Carballo Iglesias. Con respecto a unha data concreta de finalización das obras, a día de hoxe non se pode concretar, xa que se están cos tramites administrativa pertinentes”.

Novamente a calada por resposta. E non se sabe moi ben a que se refería a concelleira cando deu a coñecer o nome da empresa adxudicataria porque, agás erro, non consta publicado na plataforma de contratación do Estado expediente de contratación das referidas obras.

A nova tempada de fútbol comenzou nestes días e en consecuencia hai un maior uso do campo de fútbol do Milladoiro, e o que é unha realidade é que aínda non se arranxaron as luminarias aínda que a concelleira xa sabe hai catro meses que están avariadas. Eso é o que se chama eficacia.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario