O PP de Foz cualifica de “rotundo fracaso” a xestión do verán realizada por Cajoto e o seu equipo de goberno

por Redacción Lugo

Castiñeira sinala que a campaña de verán demostrou que Cajoto “está máis solo que nunca” e que esta situación derivouse de “non contar con equipo e dunha coalición rota xa no primeiro ano de mandato”.

 “Un rotundo suspenso”. Así cualifican os concelleiros do PP de Foz a xestión realizada polo goberno local da campaña de verán, meses nos que o municipio deu unha mala imaxe con rúas desatendidas, cheas de fochancas ou pasos de peóns sen pintar, caos circulatorio ou aparcadoiros cheos de material de obra, entre outras eivas.

O voceiro popular, Javier Castiñeira, sinala que “lamentablemente” cumpríronse as expectativas lanzadas dende o Partido Popular o que derivou en que a imaxe que se deu a veciños e turistas “deixou moito que desexar”.

Unha campaña de verán na que Francisco Cajoto “demostrou estar máis so ca nunca, sen equipo e cunha coalición rota no primeiro ano de mandato”. “Quedou patente a soidade do alcalde, que quixo solucionar todo el so porque carece de equipo”, sinalou.

Javier Castiñeira sinala que esta situación “derivou nunha moi mala imaxe do Concello de Foz”, algo que se puido constatar con veciños, comerciantes e turistas: “Foz deu varios pasos atrás como destino turístico e iso é algo que nota economicamente todo o concello”, explicou Castiñeira, ao que engadiu que os propios afectados “tamén nos trasladaron que son conscientes do esforzo realizado dende o Partido Popular por dar unha boa imaxe do verán de Foz, con bos servizos”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario