Julián Bustelo, desde o PSdeG de Rianxo queremos manifestar a nosa profunda preocupación pola situación de falta de conciliación pola ausencia de Plan Madruga, derivado da non aplicación dos criterios flexibles, e que reclamaban as Anpas do noso Concello. Entendemos que a conciliación entre a vida laboral e familiar é un dereito fundamental para todas as familias e un deber das administracións públicas asegurar as condicións necesarias para que isto sexa posible.
A implantación do «Plan Madruga» é unha medida esencial para avanzar nesta dirección. Lamentamos profundamente que, a día de hoxe, non se teñan adoptado as medidas necesarias para a súa implementación no colexio Brea Segade. Esta falta de acción está a afectar as familias do noso municipio, que atopan enormes dificultades para compatibilizar as súas obrigas laborais e a atención aos seus fillos e fillas, e cando podían ver unha posibilidade de conciliación, a súa postura innegociable leva a estas familias a estar sen este servizo.
Julián Bustelo, queremos expresar a nosa esixencia para o cumprimentos dos puntos que a continuación redactaremos, e mostrar a nosa preocupación pola implementación do «Plan Madruga» no colexio Brea Segade. Neste sentido, solicitamos:
- A implementación inmediata do «Plan Madruga» no colexio Brea Segade.
- A eliminación das ratios mínimas durante este primeiro ano de posta en marcha do plan.
- A creación de espazos accesibles, así como a previsión de formación para o persoal encargado de atender as posibles necesidades educativas dos nenos e nenas inscritos ou que poidan inscribirse no futuro.
- A flexibilización das inscricións, permitindo a opción de elixir días soltos.
- A flexibilización dos pagos, permitindo tramos horarios que se adapten mellor ás necesidades das familias.
Esiximos ao grupo de goberno que teña en consideración estes aspectos e reconsidere a súa postura para favorecer a conciliación familiar no colexio Brea Segade.