Volve a Feira do 48 organizada por Cantigas e Frores

por Redacción Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto coa deputada provincial Iria Castro, responsábel da área de Cultura, e Bruno Villamor pola Asociación Cultural Cántigas e Frores presentaron a edición 2024 da
Feira do 48, actividade organizada co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo, que este ano se celebrará na fin de
semana do 7 e 8 de setembro na Praza Maior de Lugo. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro animou «a todas lucenses e visitantes a desfrutar da Feira do 48, que se celebra nun lugar emblemático da cidade como é o quiosco da música» e lembrou «o éxito de pasadas edicións para anticipar unha gran participación».

A Feira do 48 é unha das actividades máis importantes dentro da celebración do 76 aniversario da Asociación Cultural Cántigas e
Frores, e nela poderase desfrutar de artesanía e actuacións musicais coa premisa de revivir o ambiente das feiras de antano. A asociación
Cántigas e Frores programa dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional con actuacións e ruadas das súas propias formacións e doutros grupos de referencia como Bailai Malditos ou Os Carunchos

Programación Feira do 48 do ano 2024

SÁBADO 7
11:48 Apertura feira
12:48 Pregòn a cargo de Emilio Españadero
13:48 Concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores
16:48 Obradoiro de iniciaciòn ao baile tradicional para os máis
cativos. Imparte María Besteiro
18:48 concerto da Banda de Gaitas e Percusiòn de Cántigas e Frores
19:48 RUADA:
Os Carunchos
Murga de Cántigas e Frores
Pandeireteiras Lina e Lola

Domingo 8
11:48 Apertura da Feira
11:48 Pasarrúas
12:48 Actuaciòn do grupo de Baile de Cántigas e Frores
18:48 RUADA
Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores
Bailai Malditos
Grupo de Cantareiros de Cantigas e Frores

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario