Miguel Gallego, elixido presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo

por 21 Noticias


Elena Candia, Beatriz Fanjul e Nicole Grueira participaron na clausura do Congreso da formación xuvenil popular.

  • O presidente electo comprometeuse a «traballar dende a humildade e a responsabilidade» da man dun equipo renovado e integrado por mozos e mozas cunha media de idade de 23 anos e procedentes de distintas comarcas da provincia
  • Gallego sinalou como obxectivos promover a organización nos distintos concellos e dar a coñecer o noso proxecto político aos máis novos e novas «axudándonos uns aos outros co apoio de persoas de distintas idades porque xuntos somos máis fortes»
  • Candia subliñou que «ao igual que Nicole a nivel autonómico, Miguel foi valente asumindo responsabilidades: ambos saben da importancia de ir conseguindo obxectivos que non son outros que construír unha provincia mellor dende a base»
  • A presidenta do PP agradeceu a participación neste congreso, recoñeceu o traballo da directiva predecesora e da aportación de todos os membros de Novas Xeracións e animou ao novo equipo que se vén de renovar «a traballar dende a unidade»
  • Beatriz Fanjul subliñou que «NNGG, al ser una organización compuesta por jóvenes, necesita estar en renovación permanente porque nuestra vida en esta etapa cambia mucho. Por eso los Congresos son fundamentales para que el engranaje no se oxide»
  • Nicole Grueira agradeceu o traballo da presidenta e do equipo saíntes «porque o seu traballo foi clave para o desenvolvemento da organización» e animou á nova directiva a «seguir defendendo os intereses da mocidade e promover a súa participación activa na sociedade»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario