O PP segue traballando para convencer ao goberno local de Lugo da necesidade de abrir o Auditorio de Magoi, tal e como reclama a veciñanza

Os populares celebrarán esta tarde ás 20.00 horas un encontro coa veciñanza de Acea de Olga e Augas Férreas onde se abordará, entre outras cuestións, o futuro desta dotación

Os lucenses que pasen nas próximas horas pola  rotonda das inmediacións da pasarela do Anxo Carro e  pola rotonda de Benigno Rivera, no polígono do CEAO, atoparán durante os próximos días unhas vallas publicitarias con imaxes do exterior e interior do Auditorio de Magoi.

Este soporte, cunha mensaxe clara e permanente, servirá para  lembrarlle ao  goberno local a urxencia de abrir esta dotación cultural.

Dende que a alcaldesa recibiu as chaves desta dotación, hai CATRO ANOS E TRES MESES, os lucenses seguimos sen poder disfrutar deste auditorio.

Con esta nova acción o PP quiere reinvidicar esta débeda histórica que PSOE e BNG teñen pendente coa cidadanía de Lugo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios