O Grupo Socialista lamenta o veto do PP ao Pacto pola Enerxía Renovable

por Redacción Galicia

Patricia Iglesias reclama un desenvolvemento “xusto e inclusivo” porque “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia solicitada como a prohibición total”.

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, lamentou hoxe a negativa do PP ao Pacto pola Enerxía Renovable para superar o “caos absoluto e o desenvolvemento indiscriminado” da eólica provocado pola falla de proxecto por parte do goberno galego. Iglesias presentou na Comisión de Industria do Parlamento unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galeo a implantación ordenada da eólica galega, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista presentou unha proposta de acordo“realista e propositiva” para “parar e reflexionar, ordenar e planificar” o desenvolvemento das enerxías renovables, logo da suspensión cautelar de 49 proxectos eólicos polo TSXG derivadada falla de planificación e ordenación do sector do Executivo autonómico. Esixiulle ao goberno galego que comece a “facer política con maiúsculas” ao “relegar todo e botarlle a culpa aos procesos xudiciais en curso”.

Iglesias reclamou un novo modelo de desenvolvemento que sexa “xusto e inclusivo no conxunto do país”, facendo á cidadanía partícipe dos beneficios do desenvolvemento das renovables en Galicia. Iglesias chamou ao acordo para superar a inseguridade xurídica e a parálise derivada da falla de rigor do goberno galego cos requisitos medioambientais esixidos pola normativa europea. 

Propuxo a elaboración dun mapeado e zonificación das explotacións enerxéticas, que permita o desenvolvemento harmonioso dos proxectos renovables, ademais de seguir a liña marcada pola nova Directiva de Enerxías Renovables, que pide unha simplificación normativa e burocrática. Chamou así a “evitar o marasmo provocado pola Xunta e se regule sobre a participación pública que contén a normativa comunitaria.

Lembrou que a situación actual deriva da decisión do PP de “parar a eólica en Galicia” no ano 2009, provocando que a Comunidade Autónoma perdera o liderado nacional no sector e provocando que máis de 6.000 millóns de euros de investimentos estean en risco de perderse, tal e como ten cifrado a propia patronal galega.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario