Queima das Fachas na parroquia taboadesa de Castelo

por 21 Noticias

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, asistiu este sábado á tradicional Queima das Fachas que se celebrou na parroquia de Castelo, no concello de Taboada. Esta tradicional cita, de orixe celta e declarada de Interese Turístico Galego no ano 2008, reuniu a numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a zona na que se realizou a queima dunha trintena de fachas. A programación, que continuará durante a xornada do domingo e o luns, tamén incluíu diferentes actuacións musicais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario